Thursday 19 de September de 2024

Cambios na programación da Semana do Mar 2024


A mala previsión meteorolóxica para estes días obriga a facer cambios na axenda da Semana do Mar 2024.

O espectáculo infantil Abordaxe pirata, de Barafunda Teatro, previsto para a tarde deste luns 8, cancélase; mentres que a mostra e degustación culinaria en base á conserva, con Miguel Mosteiro, programada para o día 9 se traslada ao 29 de xullo. A hora e o lugar mantéñense: ás 20.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.

A Semana do Mar é unha iniciativa da Concellaría do Turismo que busca exalta-la tradición mariñeira da localidade dende diferentes perspectivas e que nesta convocatoria conta cunha exposición, gastronomía, un taller e a feira mariñeira.